Os miúdos de Ventín estivemos esta semana investigando sobre a nosa contorna natural. Como a ciencia é unha cousa sería decidimos converternos en botánicos e botánicas para coñecermos mellor a flora que imos atopando durante os nosos paseos. Con rigor científico, e un chisco de creatividade, estamos a facer os nosos propios manuais de botánica. Agora sabemos distinguir algunhas árbores como bidueiros, castiñeiros, ameneiros, carballos e eucaliptos; e nomear outros arbustos ou plantas como breixos, estalotes e carqueixas. 

Hoxe tamén nos deu tempo a revivir o día a día dunha fraga a través das nosas mans, deste xeito fomos aprendendo a signar diferentes elementos naturais en LSE, porque coñecer a natureza é cousa de todas.