Boas!! Aquí estamos inciando o setembro lúdico! Despedímonos con moita pena dos nosos nenos e nenas que nos acompañaron todo o verán. Uns seguen, outros marchan, uns que volven… Asique imos cas pilas cargadas!! Onte, ao rematar, foi un día especial. Porén, fixemos unha búsqueda do tesouro por todo o cole! 

Repartidos en 3 grupos, tivemos que facer probas: no ximnasio, no patio, no areeiro… Cada pista que atopábamos tiña unha misión, e esa misión levábanos a coseguir unha peza necesaria para construír un puzzle. Ao facer ben as probas, tíñamos pezas, e ao conseguir facer o puzzle tíñamos… UN TESOURO!! Un gran tesouro para compartir, que só eles e elas saben o que foi (un gran segredo). Logo tivemos festa, pintamos as caras e escoitamos música para despedirnos dun verán inolvidable.

Agora, comezamos outra etapa. Neste primeiro día xa nos puxemos a descubrir e ver inventos. Algo que ás crianzas teñenos apaixonados. O que fixemos foi un teléfono antigo con tarros de iogur. E é que… hai que aproveitar os recursos.

Da man dun fío, e decorados, conseguir realizar e descubrir unha nova forma de comunicarse sen necesidade de aparatos tecnolóxicos.