Mimadriñaaa! Xa estamos a mércores e xa casi somos expertas en todos os números do Circo!! Despois das trapecistas veu o Coello do Mago Tito que nos ensinou as súas palabras máxicas: HOCUS POCUS LUCUS AS coas que convertemos ovos en “pelotas saltarinas”, flipamos moito cando vimos que os ovos botaban!! 

Tamén nos visitou a Forzuda que estaba un pouco triste porque os seus compañeiros non a valoraban porque dicían que as mozas non poden ter forza…xa lle explicamos que iso non é verdade e entre todos conseguimos levantar un super peso pesado que escondía un kit para ir de excursión ao monte…pasámolo pipa!! Pero o día de hoxe non foi menos, non pensedes…as Malabaristas chegaron cargadiñas de vergoña e inseguridades pero entre todas e todos conseguimos relaxarnos cun baile de estatuas. Logo fixemos un duro adestramento onde practicamos o equilibrio en bancos e zancos, a axilidade con pelotas e carreira de sacos e decatámonos de que somos unhas verdadeiras artistas!

Estamos super contentas e a pasalo xenial…que máis nos quedará por descubrir deste Circo tan guai?