Como voa o tempo en Ventín!. Enfilamos a segunda semana desta primeira quendas da Escola de Verán coa misión que nos encomendó a Viaxeira do Tempo: Construír unha cápsula do tempo e meter nela todo aquelo doutras épocas (costumes, obxectos, tecnología…) que axuden a facer da Terra un mundo mellor, máis sostible e ecolóxico.
Foi unha semana intensa de actividades e comezamos a segunda con novas propostas. As nenas e os nenos de 2º e 3º de Primaria propuxémonos axudar na súa misión a unha estraña Viaxeira do Tempo, Goothán, procedente dun planeta similar ao noso, pero cun futuro incerto debido á contaminación que padece o seu mundo. Todo o que recollamos acabará nunha cápsula do tempo, que estamos a construír, para os futuros viaxeiros. Que vos parece a misión? Importante, non si?. Agardamos estar á altura.
Tras asinar coa viaxeira un contrato de compromiso, aterramos no Reino dos Celtas, na tribo dos amaeos, coñecendo, a través deles, as súas costumes, o seu modo de vida, a súa sociedade, os seus símbolos, como se adestraban e mesmo as pegadas que deixaron no municipio de Ames (castros de Piñor, A Tarroeira, A Rúa, Ortoño ou as mámoas de Firmistáns e Buceleiras, entre outras).
Aprendemos a construír castros. Descubrimos lendas e mitos celtas, algúns vinculados ao Camiño de Santiago, como a lenda do Castro Lupario ou de Beca (a cabalo entre os concellos de Brión e Rois) e a mítica figura da Raíña Lupa. Atopamos tesouros. Desciframos enigmas e mensaxes escritas no alfabeto rúnico. Coñecemos o simbolismo das runas e o poder dos druídas e os seis amuletos máis sagrados como o árbore de Crann Bethadh; o nudo celta ou o tríscele. Practicamos danzas celtas, aprendemos a distinguir diferentes cultivos e cereais e fixemos ofrendas á natureza, abrazando ás árbores dándolles as grazas por darnos aire, sombra e vida.
E, como non podía ser doutro xeito, formamos os nosos propios clans, con gritos de guerra e insignias propias: Salmón do Ulla (dúas espadas amarelas cruzadas); Stich Voador (un corazón vermello), Camaleón Verde ( un copo de neve branco) e Geko Cavernario (dúas raias verdes). Nunha saída pola contornar atopámonos con Ofélix, unha guerrera celta da Galia que nos contou que nun lugar chamado Atenas, na Antigua Grecia, están a celebrar os Xogos Olímpicos. Así que nos deseñamos os nosos I Xogos Celtas de Litha.
Que propostas temos pendentes? Elaborar mandalas, atrapasonos, amuletos celtas, xogos e mesmo unha coroa dos desexos, todo con material reciclado. Ah! e rematar a nosa cápsula do tempo. Como vedes, en Ventín o maxín no para de dar voltas!.
Comentarios recentes