Neste nadal estamos a recibir cartas da nosa amiga antropóloga, Marga Polo. Cada día descubrimos tradicións e costumes dos distintos continentes, aprendendo como viven as nenas e nenos dependendo da sorte que tiveron ao nacer.
Esta mañá divertímonos moito cunha xincana, na que tivemos que descifrar un xeroglífico exipcio, as pistas estaban agochadas por todo o colexio.
Zalika, unha nena exipcia amiga de Marga, mandounos unha carta falándonos sobre o continente africano, o seu xeito de celebrar o Nadal, os problemas de seca que están a ver agravados por mor do cambio climático…
Estamos desexando revisar o buzón para ver qué nos atopamos mañán.
Comentarios recentes