Esta semana os nenos e nenas de Ventín estamos a vivir unha aventura cinematográfica. Comezamos a nosa andaina aprendendo e experimentando os inicios do cine, a través de personaxes coma Charlot, con quen tivemos que traballar a nosa expresión corporal para expresar sentimentos e emocións sen poder facer uso da linguaxe oral tal e como se facía no cine mudo.
Afeitas aos efectos especiais de hoxe en día, elaboramos un dos inventos precursores do cine: o taumatropo, un xoguete óptico que reproduce o movemento mediante dúas imaxes.
E no día de hoxe, puidemos representar, coma nunha peli muda, a escena das badaladas, para despois dar paso ao xénero musical cunha “batalla” de bailes e cancións e festa rachada!
Comentarios recentes