Neste xuño lúdico coñecemos a moitas mulleres referentes do deporte. Con María Conde falamos de baloncesto, dos patios escolares e do espazo que ocupan os diferentes deportes no día a día do noso recreo… O martes, falamos do triatlón adaptado e a inclusión, coñecimos a Susana Rodríguez, fixemos diferentes xogos e un circuito. O mércores coñecimos a Paula Badosa, contruímos unhas raquetas con material de refugallo e xogamos con elas. Tamén fixenos dinámicas de ioga e filosofía infantil. O xoves coñecimos a Ona Carbonell, ao deporte de natación sincronizada, preparamos coreografías e dixemos dinámicas relacionadas coa preservación do medio mariño. Para rematar a semana e este lúdico, seguimos ensaiando as nosas coreografías, preparamos vestuario, maquillaxe e perruquería e actuaamos diante dos compañeiros e compañeiras, tamén dos pequenos de infantil, que os despedimos ata a próxima, xa que volven para o seu cole!
Festa rachada e natación sincronizada
Xuñ 30, 2024 | Actividades, Primaria, Ventín | 0 comments
Comentarios recentes