Ola, olaaa.. benquerid@s amig@s seguidor@s!!!

Despois de toda unha intensa quincena no Antigo Exipto chea de aventuras con faraóns e faraoas nos arredores do río Nilo, de moitos xogos exipcios, das nosas rutinas de ioga acompañadas de historias exipcias, de interactuar coas esfinxes e os deuses e deusas do lugar que nos fixeron partícipes de pequenos tesouros que os cativos e cativas crearon e decoraron con moito agarimo…..Chegou o momento de despedir a temática nun día onde non faltará música en forma de rap e bailes ambientados no Antigo Exipto e que as crianzas de Infantil queren agasallar aos seus compis maiores de Primaria.

Un pracer compartir esta viaxe máxica con tod@s vós!!!!

Pronto viremos con máis novas!!!

Saúdos exipcios!!!