Hoxe foi o último día do Entroido Lúdico, e como en Ventín tivemos a participación de tres barrios (O barrio dos amigos, San sábado e Trondico), aproveitamos para contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras a diversidade de formas nas que disfrutamos do entroido! Divertímosnos moito coas actividades propostas por todas as nosas compañeiras, como por exemplo: o tiro á diana, a guerra de caramelos e a monta a cabalo de cartón.
Finalmente, a chuvia deunos unha tregua e rematamos a xornada aprendendo moitas curiosidades sobre o entroido galego a través dunha xincana por grupos en todo o centro.
Esperámosvos no vindeiro lúdico!!
Comentarios recentes