Hoxe foi o segundo día da Escola de Verán e, tras lembrar as normas e os nomes de todos os compañeiros, os “Capibaras”, nome acordado para o 3° grupo de primaria, comezamos a entrar en dinámica.

Introducimos a temática que vamos a traballar ó longo destas dúas semanas, e na cal nos adentraremos de cheo a partir de mañan. 

Antes da merenda, fixemos o xogo do “Faro fareiro” un xogo colectivo que esixe de estratexia, atención e concentración, así como unha desarrollada visión periférica; e co que estivemos entretidos un bo anaco.

Logo de recargar forzas e un ratiño de xogo libre, fomos visitar o novo espazo co que contamos este ano: os patios exteriores do instituto! E aproveitamos xa para facer un xogo colectivo nas novas instalacións, ata a hora de volver á nosa base, para ter tempo de xogo libre antes da comida.

Seguiremos informando.

Att: Os capibaras.