Seguindo co coñecemento e recoñecemento das emocións, hoxe en Ventín, decidimos identificalas empregando o noso dominó emocional (no que reflectimos 6 das emocións que máis se repetiron entre nós) para poñernos nunha situación que se identificase con cada unha das emocións que debuxamos.

Logo, xogamos ao memory, pero neste caso o que fixemos foi adaptalo á temática a tratar, as emocións. Adxudicamos unha emoción ao azar a cada neno e nena os cales se foron repartindo polo campo. Cada un e cada unha tiña que expresar co seu corpo a emoción que lle tocou movéndose polo campo ao mesmo tempo que buscaban a súa parella. Por último reflexionamos sobre as actitudes que temos cando experimentamos certas emocións.