Esta semana volvemos a estar cos sentimentos a flor de pel, remata unha quincena chea de aventuras.
Para celebrar o bo tempo fixemos xogos de auga.Pasámolo xenial construindo unha torre intentando esquivar a auga que nos ameazaba e que conseguiu mollarnos enteiriños/as, acabamos como pitos/as!
Tamén seguimos aprendendo e descubrindo cousas da natureza, puxemos as mochilas as costas e saímos de expedición polos arredores da escola, levamos con nós un “herbario” para recolectar elementos da natureza que está chea de cores,tantas cores como emocións que seguimos descubrindo…Terry e Cola xa aprenderon moitas con nós, pero din que aínda se queren quedar outros 15 días.
Comentarios recentes