ENTROIDO LÚDICO 2023/24: UN MAR DE ENTROIDO
“O mar non coñece fronteiras, e por elo,tampouco as atopa a contaminación”
s océanos son esenciais para a vida na Terra, xa que cobren máis do 70% da súa superficie, albergan unha gran diversidade de especies, producen a metade do osíxeno que respiramos e absorben unha parte do dióxido de carbono que emitimos. É dicir, dependemos deles para obter os alimentos que comemos, o osíxeno que respiramos, para regular o clima e os ciclos atmosféricos, etc. Porén, na actualidade, os océanos están ameazados por un grave problema ambiental: a contaminación; causada principalmente polas actividades humanas dende fai miles de anos. Os estudos levados a cabo nos últimos anos amosan que a degradación, especialmente nas zonas costeiras, acelerouse notablemente nos últimos tres séculos, a medida que aumentaron os verquidos industriais e a escorrentía procedente de explotacións agrarias, etc. Os derrames de petróleo, os verquidos plásticos, de fármacos, etc. Son outras das causas desta contaminación.
As illas de plástico que inundan os océanos ou caudais de ríos cheos de roupa en vez de auga, son imaxes que se converteron en habituais na actualidade. O litoral galego foi testemuña de varias catástrofes ecolóxicas. A última, “a marea de pellets” que levan semanas inundando e contaminando o seu ecosistema mariño.
Ante esta situación, no Entroido Lúdico, traballaremos sobre esta temática, non esquencendo a gran festividade e tradición que supón a celebración do entroido na nosa sociedade. Por iso, experimentaremos un Entroido onde a crítica e a satírica estarán moi presentes. Serán días de moita festa pero sen esquecer a protesta e a participación social e sobre todo onde se resaltará a importancia do papel da infancia como axente participativo. Así, os nenos e nenas formarán as súas comparsas de Entroido onde elaborarán carteis onde estarán presentes o coidado do medio ambiente. Idearán coplas, disfraces, bailes arredor desta gran problemática. Construirán un meco deseñado por eles e por elas con materiais de refugallo.
Ademais, realizaranse xogos de presentación, de pistas, predeportivos, contos motores… tematizados coa cuestión a tratar.
Serán tres días no que a máxima será desfrutar!!