Comezamos nova quincena!!! E iso que significa? pois que temos que volver a reconectar coas compis que marcharon e agora voltaron, coñecer aos que veñen de primeiras, e incluso reecontrarnos con nenos e nenas doutras quincenas e grupos. Porén, isto leva un traballo emocional importante. Así que para comezar, hoxe realizamos unha xincana emocional moi especial!

Previamente falamos do que son as emocións, e despois, puxémonos en marcha por equipos para realizar os diversos rincóns da xincana.

Rincón 1: TRISTEZA. Xuntos na aula, expresamos o momento máis triste que lembramos e comezamos a dar solucións para saír dela cando nos agobie.

Rincón 2: ALEGRÍA. en equipo, tíñamos que tentar facer rir a unha persoa adulta.

Rincón 3: MEDO. Un de nós cos ollos tapdos realizaba un circuíto que solo podería facer ben se todos os compis o axudaban dandolle indicacións e con tranquilidade e respeto.

Rincón 4: IRA.  Unha das emocións ligadas ao non saber xestionar un enfado… que mellor que facer boliñas desestresantes con arroz!

Rincón 5. NOXO. Para isto, empregamos unha mestura moi inusual con maizena onde descubriron algo tan fantástico como que dependendo da forza coa que tocasemos, poderiamos sentilo en estado sólido ou líquido!

Pois ata aquí esta actividade que tanto nos serviu para divertirnos, e que ademais, ao rematar cada rincón, tiña de premio un boneco chamado Xan a modo de puzzle para darlle o broche de ouro final