O grupo de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria desta quenda que comezou xa o 16 de Xullo estamos completamente metidos nas novas “Olimpiadas Intergalácticas” nas cales participan 4 grupos de especies de alieníxenas creados polo grupo: Pulsers, Marcis, Doble Almas e Dentubbies.

A xornada de hoxe comezou cunha masterclass de Ioga no Pazo da Peregrina impartida pola profesora Carla. A clase consistiu en realizar as diferentes posturas dos animais, ata nos atrevimos coa do corvo!! Así conseguimos concentrarnos o máximo posible para as probas ás que nos íamos enfrentar o resto do día.

Antes de comezar recuperamos forzas coa merenda no campo gozando do aire libre.

Despois de merendar os catro equipos tiveron que levar a cabo unha búsqueda do tesouro guiandose por un mapa. Nesta proba, ademais, tiveron a oportunidade de aprender as diferentes tipos de árbores que se poden atopar no Pazo.

Seguirémosvos contando!