Coa chegada de agosto continuamos co traballo das emocións para descubrir cómo nos sentimos. Durante a primeira semana da quenda, os máis peques de Ventín fixemos un “Emocimemori”, para gozar dunha dobre diversión: curioseamos e disfrutamos coa creación das tarxetas, poñendo en funcionamento a nosa creatividade e imaxinación; e pasamolo en grande xogando a intentar descubrir o maior número de parellas.

O resultado foi un novo material, feito polos propios nenos, que nos permitiu traballar a temática principal dun xeito lúdico e crear novos recursos para o noso banco de xogos.

No noso maxín xa temos ideadas novas propostas que desvelaremos en próximas publicacións.