O cambio climático é unha das consecuencias da degradación que afronta o noso planeta. Os residuos que asolagan os nosos mares e ríos, a sedimentación, a contaminación, a deforestación e o crecemento urbano contribuen á desaparición de especies animais e vexetais rachando o equilibrio natural. 

Para fomentar unha actitude responsable formulamos unha actividade na que cada persoa participante debía pensar nalgún dos problemas que temos que enfrentar para garantir a nosa supervivencia e a de todos os seres que habitan o planeta. Deste xeito, cada unha atribuiuse un Ecopoder: superheroes e superheroinas que limpam o lixo, outras que teñen o ecopoder de atrapar residuos mediante imáns, outras de facer medrar as plantas, outros de chupar o chapapote e filtrar a auga e incluso hai algún que controla mentalmente as persoas para que nom deiten lixo na natureza.

Despois de expor as nosas ecohabilidades, decatámonos de que tampouco é necesario ser un superheroe ou unha superheroina: abonda con ser responsable e facer pequenas cousas con consciencia e constancia, como reciclar, reutilizar, comprar produtos a granel evitando os envases, mesmo regalar ou doar os xoguetes que xa non usamos.