Comenzamos a segunda quenda e con ela unha morea de actividades e xogos para seguir aprendendo sobre nós: os nosos gustos, preferencias, aficcións e as nosas emocións.

Para iso, os nenos e nenas de infantil da Maia fixemos un mural onde representamos cómo nos sentimos e tamén o noso propio cadro de presentación onde plasmamos as cousiñas que mais nos gustan e nos fan felices. Ademais leemos un contiño do mais divertido que nos fixo reflexionar sobre a importancia das nosas palabras e cómo o que dicimos pode afectar aos demais.

Pero, sen lugar a dúbidas, a saída ao parque Ameneiral foi o que mais disfrutamos… Alí merendamos todos xuntos/as, bailamos e tamén xogamos.

Vamos a seguir pásandoo pipa, ata pronto a todas e todos!