Boas familias! Xa estamos de volta, agora festexando o entroido.
No día de hoxe, os nenos e nenas da escola Infantil de milladoiro viñeron con moitas ganas de desfrutar e lucir os seus traxes do entroido, e como nós tamén somos moi festeiras comezamos o primeiro día con pintacaras e festa e música.
A primeira hora da mañá, comezamos contando a historia de “É tempo de entroido” para presentar os diferentes traxes tradicionais do entroido galego e os indispensables ingredientes do cocido galego, cando de súpeto apareceu o Boteiro dende Viana do Bolo, ensinounos o seu traxe e máscara e deixounos probar todos os complementos necesarios para nos converter en auténticos boteiros e boteiras e movernos ao seu ritmo.
E como temos un traxe típico do entroido moi preto de nós, fixemos o noso propio gorro de Xeral do Ulla para saír a lucilo estos días a modo de comparsa pola contorna.

A medida que ían rematando, aproveitamos un tempo de calma para facer xogos por recantos como un memori e un dominó temático.

Comentarios recentes