Nesta nova quenda na Escola de Verán de Ventín seguimos traballando sobre as nosas emocións.
Hoxe os do grupo dos pequenos/as fixemos uns murais dos monstros das diferentes emocións, para logo crear un Dobble con estas imaxes, co que disfrutaremos xogando en grupo.
A segunda parte da mañá como actividade de continuación saímos á Carballeira dos Trasnos para facer un xogo de búsqueda polo monte, onde tiñamos que relacionar diferentes situacións habituais coa emoción que nos fai sentir, onde traballamos sobre todo a empatía.
Pasámolo xenial descubrindo as emocións no medio do monte! Agárdanos unha quincena que pinta con moita diversión!! 🙂
Comentarios recentes