Ooooooooola familias! Hoxe comezou o lúdico de setembro e non podemos estar máis contentas. Viñeron nenas e nenos novos e tamén unha monitora e, para coñecernos, fixemos un súper xogo de presentación, onde tíñamos que lanzar unha pelota para presentarnos e dicíamos o que máis e o que menos nos gustaba do verán. Despois de coñecernos todas repasamos as normas que hai no cole, e as monitoras dixeron que a primeira delas é pasalo ben e iso é o que imos facer!!! Despois limos un conto, que se chamaba “por 4 esquiniñas de nada”. Neste conto os círculos tiveron que adaptarlle a casiña o cadradiño para que poidera entrar e molou moitísimo. As monitoras contáronnos que todos e todas somos diferentes pero á vez iguais e que somos CAPACES de facer todo, con máis oumenos axuda pero super capaces!! Polo que a palabra discapacidade non existe no noso vocabulario. En relación a isto, despois fixemos uns carnets de “detectives da diversidade” super chulos, os que imos amepregar cando busquemos os entornos que son discapacitantes, imos ser uns super detectives para facer un mundo mellor! Logo de facer todo isto tiñamos moita fame, xa nos ruxían as tripas e tocou a hora da merenda, canto nos tardaba!! Despois decidimos entre todas o xogo o que queríamos xogar e escollimos o “cocodrilo esperta”, pasámolo xenial.
Mañá o día vai estar cheo de aventuras!!!Ata mañá familias!!!