Hoxe, no segundo día da Primaveira Lúdica na Maía, estivemos descubrindo na publicidade infantil que nos arrodea os estereotipos de xénero que existen na nosa contorna. Botando unha ollada aos catálogos de xoguetes atopámonos con moitos exemplos que aínda amosan os diferentes roles de xénero. Tamén nos alegramos ao ver imaxes que mostraban que nenas e nenos poden xogar ás mesmas cousas.

Rematamos a xornada cunha manualidade sensorial, fixemos a nosa propia plastilina sen gluten e sen tóxicos con materiais de uso cotiá que deu pé a sacar toda a nosa creatividade ao conseguir realizar pezas únicas e diferentes.