Durante a primeira quincena de Agosto os nenos e nenas da Escola de Verán volverán a viaxar de novo a través da máquina do tempo. Será unha viaxe moi longa xa que desta vez, sabedes ata onde viaxarán?? Ata o Antigo Exipto!!
Durante máis de tres mil anos, Exipto, situado no norte de Ágrica, acolleu unha das civilizacións máis increíbles que coñeceu o mundo. O antigo Exipto era un país estable e tiña case todo o que precisaba: as súas propias costumes, a súa estrutura política, a súa relixión e incluso unha forma única de escritura.
Para coñecer esta civilización única, misteriosa e fascinante, algunhas das actividades que se levarán a cabo, será un Obradoiro onde crearán un pergamino exipcio, realizarán un xogo de pistas “O escarabeo”, no que terán que atopar un dos amuletos máis apreciados pola cultura exipcia xa que para eles era símbolo de protección contra o mal, visible ou invisible, dando forza e poder a quen o tiña. Os nenos e nenas cambiarán o centro educativo e decorarano cos monumentos máis característicos do Antigo Exipto. Entre outras moitas actividades tamén realizarán ioga infantil, contacontos, xogos predeportivos, etc, ambientados na temática. Finalizarase a quincena coa “Festa do Nilo”, para resaltar a importancia que este río tiña para a civilización exipcia.
Comentarios recentes