Desde a infancia aprendemos a xestionar e afrontar as emocións segundo as nosas experiencias, a interacción social e mesmo a imitación. A xestión emocional é a capacidade dun individuo de experimentar, controlar, influenciar e expresar emocións axeitadamente. Non é a emoción en si quen nos xera malestar, senón a súa intensidade, frecuencia e sobre todo a nosa interpretación sobre ela.

Así, en pleno transcurso da celebración dos Xogos Olímpicos Integalácticos de Ames 2021, os miúdos de Ventín tamén tiveron tempo para deseñar e xogar a esta oca das emocións. Ao longo dos seus cadriños fomos debullando as emocións de ira, medo, enfado, alegría, sorpresa ou tristeza e falando das diferentes situacións que nos fan sentir todas elas. Identificar e aceptar as emocións fornecerá o noso propio coñecemento, e axudaranos a tomar mellores decisións, así como a súa correcta xestión de seguro contribuirá ao noso éxito nestas olimpíadas intergalácticas.