Nesta última semana de agosto seguimos aprendendo a coidar a nosa relación cos iguais e coa natureza. Para preservar o equilibrio existente nos ecosistemas cómpre coñecer a súa diversidade, sermos conscientes das especies animais e vexetais que nos rodean. Estivemos facendo moitos xogos sobre os diferentes animais e os seus hábitats e aprendemos sobre os seus comportamentos e calidades, así como as relacións que manteñen entre eles e coas demais especies dos ecosistemas nos que viven.
Os xogos que estivemos a desenvolver na contorna pretenden facernos ver unha natureza diferente, por iso saímos coas lupas de microexcursión para tentar ver esoutro mundo que hai debaixo dos nosos pés, ou adestrar a ollada para distinguir diferentes tipos de follas, porque para comprender a inmensidade de canto nos rodea, primeiro temos que aprender a ver.
Ademais, inspiradas pola beleza da nosa zona, puxémonos creativas e fixemos mandalas cos recursos que a propia natureza nos brinda.
Comentarios recentes