Ola familias! Vimos a contarvos as últimas novedades do lúdico, que son moitas!!! Non sabemos moi ben onde, hai un portal que conecta con outras etapas da nosa historia…cada día, sen esperalo, aparece alguén doutra época distinta á nosa e cóntanos como vivían, o que comían, a que se dedicaban, qué descubriron e o legado que nos deixaron!

Estamos flipando porque xa viñeron dende a Prehistoria, Mesopotamia e ata do Antigo Exipto. Nós non queríamos ser menos e creamos as nosas propias civilizacións: a civilización da Auga e a civilización do Sol e con elas, elaboramos cadanseu tótem, bandeira e baile. Ademais, tamén fixemos pinturas rupestres nunha cova, construímos unha cabaña, desciframos xeroglíficos e elaboramos uns amuletos chulísimos.

Que nos deparará a seguinte semana?