Boas familias!
Xa estamos de volta! Como ben sabedes, estamos inmersos na temática da Biodiversidade máis que nunca. Isto significa que todo o que facemos sempre ten relación coa naturerza que nos rodea, e que é TAN importante para nós.
Porén, a semana pasada fixemos unha saída que tivo moito éxito. Estivemos no monte! Alí, ademáis de explorar a contorna, tivemos a sorte de estar cos nosos compis de primaria, e a verdade é que aprendimos moito deles. Ensináronnos as súas cabañas, construímolas con eles, fixemos de axudantes recollendo os elementos que ían precisando… Foi unha sorte compartir tempo con todos e todas, eles estaban moi entusiasmados coa nosa visita.
Antes de marchar, tivemos unha misión especial. Había que recoller cada un 3 elementos do entorno que houbese polo chan, para realizar unha actividade secreta que faríamos no cole os días seguintes. E así fixemos!! E este foi o resultado! Pintamos todo o que trouxemos e unímolo á nosa árbore particular que nos acompañará este verán na Maía.
Vémonos na seguinte quenda, cheos de ilusión e disfrutando do verán como ata o de agora!
Comentarios recentes