Vaia, vaia… Alá vai a metade do mes!! Nun abrir e pechar de ollos decímoslle adeus a esta primeira quincena que nos pasou rapidísima pero na que nos deu tempo a facer unha morea de actividades! Como xa é tradición, visitáronnos varias amigas que nos deixaron unhas cantas aprendizaxes (coma a crocodila que se cría mellor que ninguén ou a xirafa que se frustraba con facilidade e aprendeu a calmarse) e tamén nos trouxeron varios xoguiños: un pilla emocións onde a alegría tiña que coller á tristeza, un súper circuíto que poñía a proba a nosa frustración con probas dificilísimas, unha sesión de arte onde clasificábamos cadros segundo a emoción que nos facían sentir, varios recunchos inspirados na película “Del revés” (parchís, oca, dominó, dobble e twister das emocións), o muro dos sentimentos onde pintábamos cariñas analizando diferentes situacións,… E hoxe como quentaba moitísimo o sol dedicamos o día a pasalo pipa con xoguiños de auga: borramos cariñas tristes disparándolle auga, fixemos pompas xigantes, guerra de panos mollados, atravesamos un río moi perigoso para pescar peixiños e atrapamos cariñas divertidas nun pozo de boliñas preciosas!!

Aquí non hai maneira de aburrirse!!

Con que nos sorprenderá a próxima semana?! Agardaremos impacientes!!!