Olaaaa familias, hoxe dimos comezo a un novo mes e con el, a benvida a novos amigos e amigas aos cales coñecimos mellor cun xogo cheo de cores… o paracaídas! Con el presentámonos e ata nos serviu para escondernos e botarnos unhas risas. Tamén fixemos unha mega asamblea para facer repaso de Xullo e contar as aventuras que nos deixou o mes, estamos ansiosas de ver o que nos espera estes días…. as monitoras non nos adiantan nada!! Aínda que alguén nos contou que adoitan vir visitas sorpresa, que nervios!