Boas familias! Nesta segunda quincena de Xullo seguimos divertíndonos un montón… a calor segue sendo unhas das nosas mellores acompañantes e as ganas de pasalo ben non cesan! Neste caso, a cativada de infantil seguimos indagando na nosa contorna, coñecendo máis sobre a nosa biodiversidade e explorando coa natureza… e qué mellor forma que facer as nosas propias plantacións, empregando os envases do iogur que nos tocou de postre esta semana en comedor!
Para que despois digan que xogar co material do refugallo non é divertido…. Aquí vos vai a proba!!!!
Comentarios recentes