Bo día a todos e todas!
Nestas épocas do nadal démonos conta de que andamos cos nervios a flor de pel, e cunha mestura de emocións moi intensa, por tanto, hoxe comezamos o día falando das emocións, aquelas que coñecíamos, o que significan para nós, o que nos evocan, etc.
Tras rematar este momento de asemblea seleccionamos as nosas emocións favoritas e realizamos un mural onde os nenos e nenas fixeron un debuxo co que cada emoción lles evocaba. Por último, os cativos e cativas mostraron e explicaron os seus debuxos aos compañeiros e compañeiras.
Agora que sabemos a importancia de identificar as nosas emocións e a dos demais seguiremos traballando sobre isto no noso día a día.
Comentarios recentes