Hoxe volveron Terri e Cola e con eles trouxeron outro reto! Como seguen fascinados cos nosos bosques fabricaron un “Súper identificador de paos” co que comprobamos que existen tantos tipos de paos como a nosa mente pode imaxinar.

Tamén nos convertemos en magos/as aínda que as monitoras decían que en científicos/as. Xogamos cunha masa que cando a tocábamos volvíase dura e sólida como unha pedra e cando a soltábamos volvíase líquida e ben pringosa. 

Con isto aprendimos os estados da materia, pero esta masa… será maxia ou será ciencia?