Este lúdico está dando para moitas emocións e novas experiencias! Hoxe comezamos o día recordando a actividade que fixemos a semana pasada sobre os avós na que lles agasallábamos uns adornos de nadal e da que xa nos comezaron a chegar agradecementos e fotos.

Logo diso, falamos sobre o ano novo e as distintas tradicións, que fixemos cada un na nosa casa, e chegamos a conclusión de que todas eran semellantes. As monitoras contáronnos que en New York dánlle a benvida ao ano novo facendo ioga en grupo. Como nos gustou moito a idea, comezamos o día estirando o noso corpiño cunhas posicións de ioga. 

Unha vez relaxados e tranquilos, recordamos que a semana pasada falamos sobre os sentidos e fixemos distintas actividades de experimentación relacionadas coa vista e tacto. Había 2 mesas de luz con materiais diversos, unha caixa de luces e cores…. Uns tapetes de texturas sobre os que pasamos descalzos, un panel con diferentes texturas, unhas bandexas con árbores de nadal agochadas e 2 tipos de area máxica!! Propuxéronnos hoxe traballar o noso oído!!

Comentamos as panxoliñas que coñeciámos cada un e fixemos grupos en función disto. Cada grupo ensaiou a súa panxoliña con diferentes instrumentos musicais e, logo da merenda, demos un super concerto navideño diante de todos os compis e monitoras! 

Estámos a pasalo en grande!!!