Aquí estamos de volta!!! Mimá cantas cousas pasaron, non sabemos por onde comezar!!!
Volveu Pili para comprobar a nosa máquina do tempo… quixo probala e volveuse tola de todo! comezou a tocar en todos os botóns e de repente, saíu un dinosaurio T-REX dela, flipamos en colores, quedamos pasmados!!! Troúxonos unha chea de xogos relacionados cos seus amigos os dinosaurios: adiviñamos as súas sombras, en tarxetas e coas reais proxectadas na parede con lanternas e incluso usamos outras lanternas máxicas para descubrir dinosaurios escondidos nuns cartóns moi raros … Convertémonos en paleontólogas onde tivemos que atopar e clasificar restos fósiles que estaban escondidos en arroz de cores, molou moito! Descubrimos os sons que fan, a través de códigos QR que estaban perdidos polo cole: o son do triceratops, o do diplodocus, o do espinosaurio… E por último fixemos dinos con plastilina e inventamos algúns super divertidos con partes do corpo diferentes!
O venres, a máquina do tempo apareceu na sala de usos múltiples, entramos e aparecemos na Prehistoria!!! FLIPAMOS!! Contamos un conto con títeres de sombras onde unha nena quería cazar mamuts e deixounos 3 recunchiños: Unha mesa de luz súper chuli e puzzles da prehistoria; pintura de dedos ó estilo da época onde fixemos un mural entre todas e unha cova espectacular con moitas luces, cristais e espellos para experimentar e descubrir. Á vez, no patio, esta nena do conto, deixounos outros 3 espazos de xoguiños para que nos movéramos: o xogo do mamut, ponlle a cola ó mamut, levar antorchas por un percorrido de equilibrio…
Esta semana tamén tivemos tempo de pasalo xenial. O luns que era o último día da quenda, repasamos nunha asamblea o que máis e menos nos gustou destes días e fixemos un exame, SI SI, un exame sorpresa de todo o que aprendimos e o que nos acordaba!! Había unha chea de preguntas con pulsadores, parecía pasapalabra!!!
E despois como era o último día fixemos festa rachada pintando caras, moita música e ata houbo peli de dinos con gusanitos, puxémonos as botas!
O martes comezaron algúns nenos e nenas novos e tivemos que contarlle todo o que pasou estes días, non nos creían con todas as persoas que viñeron!!! Buscamos nomes chulos para os grupos e arranxamos a máquina que estaba medio destruída de tanto viaxar e de toda a xente que pasou por ela!
Logo de merendar disfrutamos de varios xogos: un futbolín humano, o xogo da rá onde tiñamos que encestar pelotas dentro da súa boca, unha diana con saquiños de legumes e tiro o branco con latas de cores.
E, por último, hoxe coa calor, chegaron tamén un noble cabaleiro e unha campesina do Medievo! Deixáronnos atónitos coas súas vestimentas e con todo o que nos ensinaron: a profesión dos carpinteiros e ferreiros, elaborando espadas e mazos; a das tecedoras e xoieiras, creando preciosas pulseiras e, a arte das curandeiras e cociñeiras, recoñecendo e empregando as plantas e especias para múltiples funcións, incluso algunhas como a cúrcuma, para pintar debuxos invisibles!
Mañá vai ser un día moi guai de piscina…esperamos non atoparnos cunha serea… aínda que neste lúdico todo pode pasar…!!
Comentarios recentes