Boas, familias! 

Esta primeira semana de xullo aproveitamos a chegada do sol para facer moitas actividades: busca do trisquel, saída ao Pazo da Peregrina, xogos no labirinto… Tamén estamos poñendo en marcha a construcción da nosa propia máquina para viaxar no tempo, xa que temos prevista unha visitiña á Galicia castrexa, á que acudiremos caracterizados.