A primavera chegou ao Lúdico da Maía e con ela todo un mundo de cores con miles de flores de cores que atraen á protagonista deste Lúdico, as abellas! Por iso, as crianzas do Infantil da Maía quixemos expor as nosas cualidades humanas dentro de fermosos tarros de mel.

Entendemos que, ao igual que as abellas, cada un de nós é diferente, único e especial. Así, imprimimos en cada pétalo dunha flor unha cualidade propia que nos fai únicos. Debemos respectar esas diferenzas e comprender a importancia de cada un, tal como comprendemos os diferentes tipos de abellas e a relevancia de cada unha delas na natureza.

Tamén experimentamos o traballo das abellas obreiras dentro dun aventureiro circuíto.

A música tamén entrou no noso interior e, simulando o voo da abella, fixemos un divertido musicograma!

E por suposto, contribuímos á polinización coa sementeira de lavanda, para cultivar ese espírito de coidado medioambiental! Aínda nos queda un día de campamento… e estamos a planear un fermoso peche deste Lúdico de Primavera, acompáñasnos? Ata pronto!