A pesares do que poida parecer, a auga é un ben prezado e escaso no planeta e, desgraciadamente múltiples factores como a influencia do Cambio Climático, a contaminación e escasa concienciación… fan que a seca cada día que pasa sexa maior en todos os países. Esta situación require dunha acción inmediata da poboación mundial para conseguir frear esta tendencia e reverter os datos que apuntan a que na actualidade tan só o 0.007% da auga existente na Terra é potable.
A maiores, este ano estamos a vivir unha nova situación de seca que está a afectar de forma moi directa ás terras galegas con consecuencias moi preocupantes para a nosa economía e formas de subsistencia. Este verán, o Concello de Ames vén de facer varios chamamentos á moderación e responsabilidade no consumo da auga cunha campaña chamada “Augaconsellos” onde se dan unha serie de recomendacións á poboación amesá para tratar de contrarrestar os efectos máis perxudiciais deste fenómeno climático.
Para tomar conciencia deste problema cómpre que os nenos e nenas coñezan as súas causas e coñezan os instrumentos e infraestruturas que conseguen facer chegar a auga nas condicións adecuadas aos nosos domicilios así como a auga potable evita moitas enfermidades derivadas do consumo de augas non tratadas e un uso moito máis responsable deste ben tan necesario.
Comentarios recentes