Xa estamos no Nadal na Maia! e, os pequenos e pequenas, están a coñecer cómo é o Nadal no resto mundo. Esta semana estiveron a coñecer o significado de diferentes emocións e sentimientos propios destas datas, como por exemplo, “A Gratitude” e, a reflexionar sobre cousas da súa contorna como A Familia, As Amizades, Os Agasallos de Papá Noel, O Apalpador ou Os Reís Magos, e moitas outras cousas polas que están agradecidos e agradecidas de ter.
Ademáis, nesta publicación, amosámosvos un dos obradoiros que fixeron os/as máis pequeniños/as, no que empregaron meteríais reciclados e a súa imaxinación, para ir creando o “Photocall” que empregarán mañá, na festa de fin de ano do Nadal Lúdico.
Bó Nadal e Feliz Año Novo dende A Maia!
Comentarios recentes