As miúdas de Ventín seguimos aprendendo sobre o patrimonio natural e humano do noso concello. Ao longo desta quenda estivemos investigando sobre os castrexos que poboaron a zona, sobre quen eran, onde vivían e que facían.  Quedamos moi impresionadas co esforzo e traballo en equipo que se requiría para construir as súas vivendas ou castros. Produto dos primeiros asentamentos humanos son os petróglifos que atopamos en diferentes lugares de Ames, con figuras xeométricas, labirintos ou cérvidos. Inspiradas pola maxia das súas formas, convertémonos en membros dun clan castrexo para gravar os nosos propios petróglifos usando plastilina (que é algo máis branda cá pedra) e tecendo e destecendo fomos capaces de experimentar o laborioso proceso de fabricación das súas vestimentas.