Durante esta última semana de xullo pulimos as nosas capacidades artísticas. Empezamos facendo as copas e as medallas para o acto de clausura das nosas olimpíadas, cada unha é distinta porque cada unha representa aos membros do noso equipo. Logo decoramos o xogo de meter os aros que fixemos con materiais reciclables e descubrimos que non era tan sinxelo como parecía. Para decorar deixamos a nosa creatividade voar, puxemos os nomes dos equipos, dos membros dos equipos mesmo os propios aros olímpicos. E para o último día, fixemos dous foguetes: o Olimpic Rocket e o Zaycs’ m 1, un por cada equipo, cuxo lanzamento marcaba o fin destas olimpíadas.
Aproveitando os últimos días!!
Ago 2, 2021 | Actividades, Escola de verán, Ventín | 0 comments
Comentarios recentes