Na nosa sociedade adoitamos asignar a homes e mulleres estereotipos de xénero estabelecendo para cada sexo distintos papeis, características, actitudes e comportamentos.
Reflexionar sobre estas ideas ou crenzas tan arraigadas, reformulalas e mesmo rachalas non é doado. Hoxe decidimos facelo a través do xogo. Para isto convidamos a un ser doutra galaxia que quería saber cal é a diferenza entre os homes e as mulleres, xa que non é quen de distinguilos.
Así os miúdos de Ventín puidemos falar sobre os xoguetes da infancia dos homes e mulleres, as tarefas que desenvolven nas súas casas, os traballos que realizan, os seus xeitos de vestir, as súas características físicas e comportamentos habituais… O debate foi intenso, pero puidemos tirar a seguinte conclusión: o importante é quen somos e non o qué somos.
Comentarios recentes