Esta semana, as crianzas de Educación Infantil da Maía estivemos maioritariamente desfrutando do curto asentamento anticiclónico. Isto é, puidemos darnos uns bos chapuzóns na piscina. Iso si, aproveitando eses momentos para interactuar entre os iguais e establecer relacións intersociais de calidade. Tampouco faltaron os xogos de auga e con eles a emoción da diversión como parte integrante dun equipo, así como o respecto polas normas do xogo e a procura dun fin común.

E por suposto tiveron o seu momento os xogos cooperativos en gran grupo con xogos como o dos ratos e gatos que nos axudaron a descifrar entre todos e todas unha mensaxe oculta.

En definitiva, esta semana da Escola de Verán estivo protagonizada educativamente polo valor dos vínculos sociais inter e intra sociais, sempre dentro dun marco eminentemente lúdica e de entretemento para os protagonistas: as crianzas!!!!