Bo día familiaaas!!
Hoxe comezamos nova quenda e con ela coñecemos novos aspectos da nosa contorna. Pola mañá visitáronnos uns animais mariños moi simpáticos, unha medusa e un tiburón aos que lles empezou a doer a barriga porque comeron plásticos que a xente tirou no mar. Isto fíxonos reflexionar moito e entender que é moi importante coidar o noso planeta. Logo convertémonos en animais acuáticos e terrestres e fomos coñecendo algunhas das súas características nos distintos hábitats.
Antes de merendar tamén nos dou tempo a facer o noso propio peixe personalizado cunha chea de cores, purpurina, pegatinas e todo o que a nosa imaxinación discorreu.
As monitoras adiantáronnos que estes días van estar cheos de visitas moi sorprendentes!! Estamos ansiosas e ansiosos por descubrilas!
Comentarios recentes