Setembro arrancou cheo de novidades! Os nosos cativos de infantil recibiron unha sorpresa moi especial duns novos personaxes que aparecen neste lúdico para vivir un montón de aventuas con nós! Chámanse Maruxa e a súa mascota Berenguela. Ambos acompañaránnos para ensinarnos a importancia de coidar o mundo no que vivimos. Ben sexa por motivos como a contaminación pero tamén pola desigualdade.

Con eles, nestes días que levamos xuntiños, vivimos aventuras marabillosas. Descubrimos o que era unha aurora boreal e representámola a través da creatividade e liberdade en murais con tiza, pintura…

Tamén falamos da necesidade de sentirnos únicos e irrepetibles, pero sempre da man da igualdade, facendo “a margarida da igualdade”, onde expresaron en qué cousas se senten moi valiosos!

Todo isto acompañado, como non, de xogos sen parar!! Porque o que máis nos gusta facer aquí é divertirnos, e sobre todo: ser felices.

Feliz volta ao cole!