A cativada de Ventín, inspirada polas grandes aventuras de Marga Polo, leva días ensarillada na creación dunha obra de monicreques. Personaxes doutras épocas e latitudes elaborados con material de refugallo e moita imaxinación, son os protagonistas de historias diversas: unhas épicas, outras divertidas e incluso algunha de medo.
Hoxe xa lle pasamos o ferro ao telón do noso teatriño e xa fixemos os ensaios xerais. A gran función será mañá cando os nosos monecreques cobren vida perante o esixente público de Infantil.
Nesta véspera do día de reis, puidemos decatarnos de que os xoguetes máis divertidos non sempre son aqueles que aparecen ben postiños nos catálogos, senón os que imaxinamos e somos quen de crear coas nosas propias mans.
Comentarios recentes