Parece incríble, pero xa rematou a primeira quenda de xullo. Non obstante, aínda queda moito verán por diante e mooooitas aventuras por vivir. Que nos deparará a segunda quincena de xullo? Pois durante estes quince días; os nenos e nenas da Escola de Verán volverán a viaxar a través da máquina do tempo e nesta ocasión permitiralles coñecer a época do medievo. Así, convertiranse en pequenos exploradores descubrindo os segredos dos castelos, as lendas dos dragóns e pequenas historias sobre os reinos antigos. A través de diferentes xogos, actividades e desafíos, aprenderase sobre a vida medieval, a cultura, e os valores da época. Algunhas das actividades que se levarán a cabo, será un obradoiro de heráldica, na que os e as participantes farán unha dinámica de presentación na que crearán os seus propios escudos que os identificarán dentro do grupo. Tamén se realizará unha xincana na que descubrirán así a importancia dos diferentes gremios na época medieval ou unha dinámica de ioga infantil na que o protagonista da historia será un dragón. O último día de quincena celebrarase unha feira medieval na que os nenos e nenas farán actuacións imitando a función dos trobadores.
A época dos castelos: Misión Medieval
Xul 16, 2024 | Escola de verán, Segunda quincena de xullo | 0 comments
Comentarios recentes