Olaaaaa!! Falámosvos dende o cole de Milladoiro! Que ganas tíñamos de volver! E cómo volvemos! Sen perder nin un minuto de diversión.
Despois de facer as debidas presentacións e de que Pili (unha científica un pouco despistada), saltara polos aires coa súa máquina do tempo; axudámoslle entre todas a construír unha nova! Quedounos chulísima!! Ten palancas do pasado e do presente, un botón de emerxencia, tubos para o fume, colgadoiros para os recordos dos sitios que visitemos… Porque si, ímola usar para viaxar no tempo e polo mundo adiante!!!
Hoxe, sen ir máis lonxe… Chegou Zeltia, unha castrexa, dun pobo celta onde non teñen casas, senón castros e onde se comunican cuns símbolos do máis curiosos… Tamén nos falou de catro elementos moi importantes para eles: a auga, a terra, o aire e o lume e tróuxonos uns xoguiños para disfrutar deles. Fixemos area máxica, trasvases con auga de cores, debuxamos símbolos, pintamos gotas, fixemos carreiras de soplidos e tamén nos deu tempo a xogar a “o chan queima”… Que ben o pasamos!!
Queredes vir probar a nosa máquina e viaxar connosco?
Comentarios recentes