Na escola de verán da Maía estamos desfrutando ao máximo da recta final do verán. Aproveitamos esta ponte tan molona que nos deixou agosto para recargar pilas e volver con moitísima enerxía! Alegrounos moito que a nova semana nos recibira coa choiva que tanta falla facía!! Aproveitamos estes días para facer moitos xogos no interior… Convertémonos en auténticos concursantes do programa Boom! Demostramos todo o que sabiamos sobre o noso planeta intentando desactivar as bombas e evitando que éstas nos esbourasen! Aprendemos un montón de cousas sobre o cambio climático e as súas consecuencias máis evidentes. Tamén falamos das cousas que podiamos facer dagora en diante para intentar coidar o noso planeta! Pasámolo xenial e rímonos moito! 

A ver qué nos depararán os próximos días…Seguro que máis dunha sorpresa haberá!!! Estamos desexando descubrilo!