ESCOLA DE VERÁN 2023: Emociónate (agosto)
¿Sei poñerlle nome as miñas emocións e sentimentos? ¿Realmente sei como me sinto? ¿Cando digo algo o meu rostro expresa o que sinto? ¿Recoñezo o estado de ánimo dos demais so con observalos? ¿Cambia o meu punto de vista sobre as cousas dependendo de como me sinto? ¿Serei máis creativo se me sinto ben? ¿Solucionarei mellor un problema se non estou enfadado? ¿Coñezo cales son as causas das miñas emocións? ¿Sei identificarme coas emocións que senten os meus compañeiros e compañeiras? ¿Controlo as miñas emocións? ¿Que estratexias utilizo para ter mellores relacións sociais?
Daremos resposta a estas cuestións a través de diferentes actividades e dinámicas que nos axudarán a desenvolver diferentes competencias e habilidades. Aínda que se presentan de forma separada debemos contemplas como un conxunto, xa que as competencias están relacionadas entre sí. Utilizaremos estratexias emocionais e vivencias: contos e as historias, monicreques, dramatizacións, xogos de rol, etc,
Durante o mes de agosto continuaremos dando resposta a estas cuestións repasando o xa traballado ata agora e centrándonos en dous novos bloques de competencias.
1. COMPETENCIA SOCIAL: capacidade para manter relacións adecuadas con outras persoas; fomentando as relacións interpersoais, e as actitudes e condutas pro-sociais, que contribúan a crear un clima de convivencia adecuado. O desenvolvemento desta competencia implica:
- Escoita activa e dinamicamente as outras persoas.
- Dar e recibir críticas de maneira construtiva.
- Comprender ao resto e conseguir que nos comprendan.
- Ser asertivo/a no noso comportamento, estando dispostos a ser sinceros/as e expresar o que pensamos, sentimos e facemos ante o resto.
- Enfrontarnos intelixentemente a cada un dos conflitos que temos no noso día a día.
- Manter boas relacións interpersoais coas persoas coas que vivimos ou traballamos.
- Traballar en equipo e implicar ás persoas en proxectos e obxectivos.
Aprenderemos habilidades para facilitar unha mellor relacións cos demais, que nos permitan reivindicar os nosos dereitos sen negar os dereitos dos demais; e, por último, facilitar a prevención, a identificación, a comunicación e a resolución de problemas.
Integraremos la comunicación asertiva cada día, introducindo expresións que denoten respecto cara a outra persoa, como por exemplo, no lugar de fomentar expresións do tipo “¡déixame, es malo!”, os nenos e nenas integran outras non tan impulsivas e más reflexivas, como “estou enfadado porque non me gustou o que fixeches”. Esta competencia a traballamos a partir da reflexión diaria das expresións e reaccións dos nenos e das nenas nos conflitos que xurdan de forma habitual no campamento.
- COMPETENCIAS PARA A VIDA E O BENESTAR: capacidade de adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos do día a día. Desenvolver habilidades, actitudes e valores que nos permitan organizar a vida de forma sa e equilibrada, propiciando experiencias de benestar persoal e social.