Boas familias! Nesta ocasión, partindo do conto “Vivan as uñas de cores” coñecemos a Xan e Margarida, que nos ensinaron que non hai cousas de nenos e cousas de nenas, se non que todos e todas podemos facer o que nos gusta sen que nos xulguen.

Ademais, inspirándonos no final do conto decidimos decorar as nosas uñas con diversas e alegres cores, igual que as personaxes deste conto!

Pero… ollo! Esta non foi a única actividade que fixemos, se non que tamén creamos os nosos propios xoguetes de material de refugallo que nos serviron para xogar no patio e inclusive superamos unhas probas do circuito da igualdade! Vamos… que estamos a gozar un montón!